rutas-bela-muxia-dos-muiños
muxia-bela-muxia-18
muxia-bela-muxia-playa-07
muxia-bela-muxia-10
que-visitar-bela-muxia-07
muxia-bela-muxia-01
muxia-bela-muxia-08
que-visitar-bela-muxia-03
rutas-bela-muxia-cabo-touriñan
que-visitar-bela-muxia-04
que-visitar-bela-muxia-09

Turismo.

Muxía é un dos lugares máis atractivos da Costa dá Morte. A súa situación privilexiada sobre unha península, ofrécenos a posibilidade de gozar de magníficas panorámicas sobre a ría de Camariñas, o faro Vilánou as puntas do Cachelmo e A Buítra. Dende as rochas do monte Corpiño, consideramos as mellores vistas sobre o núcleo urbano e a paisaxe que o rodea. Detrás deste pedregal escóndese a punta da Barca, lugar de visita obrigada para calquera turista, na que se levanta o santuario dedicado a esta Virxe e as coñecidas pedras de Abalar e Dos cadrís.
Pero a propia vila tamén ofrece lugares de interese turístico como a igrexa parroquial de Santa María, os secadoiros de congro, a casa-museo do fotógrafo Ramón Caamaño ou a parte antiga da vila.

Ademais de ser atractiva para un turismo que busca descanso, paisaxe, patrimonio ou gastronomía, Muxía, presenta outros encantos como é o de ser, xunto con Fisterra, fin da ruta jacobea que dende Santiago de Compostela, se dirixe ao mar e ás terras máis occidentais de Europa. Isto fai que durante todo o ano nos visiten peregrinos de todas as partes do mundo.

muxia-bela-muxia-gastronomía

Gastronomía.

Outro dos grandes alicientes de Muxía é a gastronomía. A súa condición de porto de mar fai que poidamos gozar de excelentes pratos preparados a base de peixe e marisco. Cabalas, maragotas, abadexo, pescada ou mero, son peixes apropiados para elaborar a caldeirada, prato típico mariñeiro. Pero ademais temos outras especialidades como o polbo a feira, as luras na súa tinta, o congro guisado ou as sardiñas e xurelos asados. O máis apetitoso da cociña muxiana quizais sexan os mariscos propios da súa costa como os percebes, as nécoras, os lumbrigantes ou as centolas, todos eles extraidos deste mar salvaxe que baña noso litoral.

As terras do interior son produtoras de boa carne, patacas, fabas, hortalizas ou verduras, ingredientes necesarios para elaborar variados pratos. Todas estas materias primas citadas anteriormente fan que a cociña muxiana sexa apetitosa e variada.

muxia-bela-muxia-08

Servizos.

Muxía dispón dos servizos básicos necesarios, tanto a nivel administrativo, como bancario, educativo, cultural, sanitario ou de ocio. Polo tamaño do seu núcleo non precisamos utilizar ningún tipo de vehículo para facer uso destas prestacións. Como tamén podemos ir a pé a facer a compra, a darnos un baño na praia ou a tomar algo coa familia ou cos amigos.