Bela Muxía é un albergue con todo tipo de servizos para quen desexe pasar uns días en Muxía facendo o Camiño de Santiago ou gozando das súas vacacións. Un espazo para durmir e descansar, pero tamén para adentrarse na cultura da comarca, pois contén unha exposición temática de lendas, poemas e textos relacionados con Muxía, a Costa da Morte e o mar.
Aberto dende o 13 de abril