cuatro-literas-5
cuatro-literas-3
bela-muxia-10

O albergue como espazo identitario.

Bela Muxía é un albergue e un relato temático que nos somerxe na identidade do mar da Costa dá Morte, metonimia cristianizada de vellos cultos prehistóricos ás pedras, Occidente atlántico de Europa e fin do Camiño de Santiago (Fisterra – Muxía).

O sinxelo espazo interior no que penetras foi deseñado co mesmo ton literario que albergan os seus muros. Por iso, tivemos en conta os acontecementos que marcaron historicamente ao pequeno pobo mariñeiro que agora visitas.

Acontecementos que recolle o albergue como pegadas da memoria e che ofrece a ti, camiñante, para que poidas compartir connosco os ecos dos vellos peregrinos que nos visitaron dende o Medioevo e as sutís voces dos poetas que cantaron o naufraxio romántico e a súa dramaturxia da morte, dende Rosalía de Castro e FGarcía Lorca a José Ángel Valente.

cultura-bela-muxia-espacio-identitario

O Camiño de Santiago ao finisterre.

O camiño de Santiago, como espazo cultural ligado ao primeiro europeísmo xurdido na Idade Media, foi tamén un lugar de encontros sociais e económicos, cardinados baixo a idea relixiosa e a aspiración penitente, talvez mística, de chegar ao Finisterre mítico nos límites do Atlántico occidental. Nos últimos anos, nun marco que reforza a idea de Europa, o Camiño parece ser o símbolo supranacional dunha identidade común que vai máis alá dos sentimentos locais.

Exposición.

En todo o albergue o peregrino, camiñante ou simplemente turista, encontrará diferentes exposicións temáticas situadas nos corredores, nos cuartos e nas salas comúns, que farán que a súa estanza sexa máis enriquecedora e teña un valor diferencial. A cultura é o que define aos pobos e comunidades, o que aconteceu achega coñecemento e nos fai comprender de onde vimos. Por iso convertemos este espazo en algo máis, nunha mirada cultural a noso arredor, nunha mirada ao que somos. Poemas de diferentes escritores que ilustran as paredes, paneis expositivos que dan información dos monumentos da zona, homenaxes a escritores que nos seus textos retrataron algo de Muxía, e unha exposición temática que conta o que é A costa dá Morte, os seus naufraxios e as súas tradicións, retratadas polo ilustre fotógrafo xa desaparecido Ramón Caamaño, ao que se lle dedica unha pequena homenaxe.