Que mellor que plan para celebrar o día da nosa cultura, 17 de Maio o Día das Letras Galegas,para escoitar puro son e cultura galego.

O Albergue Bela Muxía acollerá un showcase (mini concerto) do gaiteiro e flautista Oscar Ibáñez, e do acordeonista Fernando Fraga Traba.

A música é un pilar mii importante na cultura de calquera sociedade. Por iso, en Bela Muxía estamos cheos de ledicia de poder ter connosco a dous grandes da nosa música.

Galicia proporcionou ao mundo unha gran cantidade de músicos. E temos a honra de poder acoller a dous deles no día grande da cultura galega, o Día das Letras Galegas.
Estades convidados a gozar este día tan especial.
Esperámosvos a todos!